Sunday 05 de May de 2024

O Concello apoia o proxecto sanitario de cooperación en Chiapas de Solidariedade Galega


A ONG Solidariedade Galega finalizou o proxecto de atención sanitaria no Hospital San Carlos Altamirano, referente para a poboación indíxena de Chiapas, en México, xestionado polas Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl. Atendéronse 461 consultas, realizáronse 158 intervencións en distintas especialidades e foron entregadas 182 gafas.

Esta misión solidaria levou a 10 profesionais sanitarios que utilizaron as súas vacacións para prestar servizo durante 15 días nas especialidades de cirurxía xeral, anestesia, xinecoloxía, cardioloxía e oftalmoloxía, das que carece o hospital. O centro sanitario é o referente para a atención da poboación indíxena de Chiapas —o 89% da poboación—, brindando unha atención de calidade como dereito fundamental de toda persoa, independentemente da súa situación económica.

O Concello de Oleiros financiou na súa totalidade este proxecto con 16.450 euros.